As bibliotecas máis fermosas do mundo

UNHA ESCOLA EN MOVEMENTO

Comeza un novo Proxecro Documental Integrado! Este curso queremos mover ideas, compartir propostas e, sobre todo, pasar á acción para conseguir unha escola cada día mellor.

Con "Unha escola en movemento" embarcámonos nun proxecto que nos acompañará ao longo de todo o curso, no que descubriremos diferentes retos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.

Cada trimestre teremos un reto diferente e buscaremos formas de contribuír, desde a nosa escola, a construír un mundo mellor. 

Neste primeiro trimestre poñemos o foco na SAÚDE E O BENESTAR (ODS 3). Queremos que a nosa escola sexa un lugar máis saudable, onde todas e todos nos sintamos ben.

Preparadas/os para participar? Aquí tedes a proposta que, desde a biblioteca do cole, lanzamos para este trimestre.







Publicar un comentario

0 Comentarios