As bibliotecas máis fermosas do mundo

Día das Letras Galegas 2024. Conto cooperativo Luísa Villalta

Un ano máis conmemoramos o Día das Letras Galegas no CEIP da Rabadeira con diferentes actos e actividades. Como sabedes, a autora homenaxeada este ano é Luísa Villalta, escritora, filóloga, profesora e violinista defensora da cultura galega, da liberdade e dos dereitos das nenas e mulleres.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a elaboración dun conto cooperativo sobre a figura da autora coa participación de todos os grupos do cole. Cos traballos realizados elaborouse un produto en vídeo empregando o Croma da biblioteca. Compartimos o resultado final, froito da colaboración dos equipos de Biblioteca, TICS e Dinamización da Lingua Galega. Agardamos que vos guste!

Conto cooperativo Luísa Villalta





Publicar un comentario

0 Comentarios