As bibliotecas máis fermosas do mundo

Normas Biblioteca primaria




  1. A biblioteca é para disfrutar lendo, escoitando, xogando… pero sempre respetando aos demais. Por iso temos que estar en silencio ou falar moi amodo para non molestar a outros usuarios.
  2. Debes coidar os libros e os materiais da biblioteca. Evita dobralos, manchalos ou enrugalos. TI es responsable do libro que levas e, no caso de estragalo ou perdelo, deberás repoñelo.
  3. Se atopas un libro “enfermo” levao ao hospital dos libros.
  4. Podes facer uso dos ordenadores da biblioteca se previamente estas apuntado na folla correspondente.
  5. Non comas nen bebas. So está permitido devorar libros cos ollos.
  6. Se ordenado: deixa todo onde o atopaches. Así é máis doado para todos.
     

Cada grupo ten unha hora semanal no seu horario para usar a biblioteca: O profesor responsable do grupo realizará o préstamo e dirixirá as actividades de fomento da lectura.
A biblioteca está aberta toda a xornada escolar, so pechamos para comer.

 
Podes levar 2 libros cada 15 días e 1 DVD cada semana.

Podes facer préstamos cando baixes co titor ou despois de xantar. Mentres buscas un libro, podes utilizar os marcadores para localizar o lugar onde o colliches, podes traer o teu propio marcador personalizado. Se tes dúbidas, non o coloques, deixao no caixón que di colocar.

Se tes algunha dúbida, pregunta ao profesor que estea de garda ou á resposable da biblioteca.


Publicar un comentario

0 Comentarios