-A colección A FAVOR DE LAS NIÑAS de Adela Turín son un bo comezo para os pequenos:
ROSA CARAMELO
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
A partir de 6 anos
UNHA FELIZ CATÁSTROFE
A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Ratón a que encontra a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.
A partir de 6 anos
Artur e Clementina son dúas fermosas tartarugas louras namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Artur pasa o día pescando, Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Artur tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia... pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo.
A partir de 8 anos
A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
Hai moitos anos, a tribo dos bonobos vivía nun frondoso bosque. Os bonobos pasaban o día moi ocupados mascando froitos e bagas, pebidas e sementes, raíces e botóns que as bonobas recollían para eles e para os bonobos pequechos.Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. .
A partir de 8 anos
LA CHAQUETA REMENDADA
A partir de 7 anos
LOS GIGANTES OREJUDOS
Trátase dunha nova aventura de Asolina. Nesta ocasión terá que liberar tres princesas que ten prisioneiras o terrible Brujón na Montaña de Esmeralda. Pero para chegar ata alí, Asolina terá que superar moitos obstáculos. Afortunadamente é moi enxeñosa e valente.
A partir de 7 anos
NUNCA JAMÁS
Milena ten moita sorte, é unha nena moi fermosa e todos lle aseguran que un día virá un príncipe e casará con ela. Para iso ha de prepararse ben: "ponte dereita, peitéate, lávate as mans, fala cando te pregunten... ", insistía sempre a súa nai. Pero Milena ten unha amiga, a bruxa Melusina que fora desterrada a unha torre grande do castelo, porque os seus coñecementos de astronomía, de medicina e de química poñían furiosos os doutores do reino, que non sabían nada de nada.
A partir de 8 anos
0 Comentarios