Comezamos un novo curso e con el unha celebración moi especial. Mafalda cumpre 50 anos o día 29 de setembro. Quen o pode imaxinar ? Unha nena tan pequerrecha e xa ten 50 anos!
O mundo enteiro celebra hoxe o 50 aniversario da nena máis contestataria, intelixente e reflexiva da historia do cómic, Mafalda, xa que para o seu pai, Quino, Mafalda naceu o 29 de setembro de 1964, que foi o día da súa primeira publicación foi o 29 de setembro de 1964 na revista Primera Plana.
Con este motivo no colexio imos facer diversas actividades sobre estas tiras cómicas, leremos os libros, coñeceremos a súa familia, os seus amigos, os seus gustos, as súas afeccións... e tamén aprenderemos mais cousas sobre a banda deseñada.
0 Comentarios