Hoxe conmemórase o 30 aniversario da morte dun dos grandes escritores da literatura : JULIO CORTAZAR. Neste video podedes escoitar ao autor lendo o libro que escribíu para nenos titulado "DISCURSO DEL OSO".
Para saber un pouquiño da sua vida aqui tedes :
O 12 de febreiro de 1984 morreu en París o escritor arxentino Julio Cortázar, un dos grandes da literatura latinoamericana
Este gigantón, fillo dun arxentino de ascendencia vasca (diplomático de profesión) e dunha compatriota súa con sangue francés e alemán, naceu na embaixada arxentina en Bruxelas o 26 de agosto de 1914, só días antes da invasión de Bélxica polas tropas alemás na Primeira Guerra Mundial.
Era admirador de Charlie Parker
Amaba o cine e o jazz (tiña debilidade polo saxofonista Charlie Parker, en cuxa figura se inspirou para redactar o conto El perseguidor), así como o boxeo malia proclamarse un convencido pacifista. Escribiu libros como Rayuela (novela considerada por moitos como a súa obra mestra), Bestiario, La vuelta al día en 80 mundos, Los autonautas de la cosmopista e Historias de cronopios e de famas.
Cortázar morreu a causa dunha leucemia antes de cumprir os 70 anos. Está enterrado no cemiterio parisiense de Montparnasse en Francia.
Se os maiores queredes saber algo mais podedes ler unha reseña do libro na páxina do blog PARA OS MAIS GRANDES.
Se os maiores queredes saber algo mais podedes ler unha reseña do libro na páxina do blog PARA OS MAIS GRANDES.
0 Comentarios