Estes días estamos coas celebracións do Samaín e Halloween no colexio. Por iso na zona que se encontra á entrada das oficinas, preparamos unha selección de libros que están na biblioteca para os que lles guste pasar un pouco de medo. Non deixedes de visitar a exposición. Seguro que encontraredes algo que vos apeteza ler.