Ola a todos. Hoxe, 24 de outubro , é o DÍA DA BIBLIOTECA . Para celebralo inauguramos este blog dedicado a nosa biblioteca . Con el estamos a comezar unha nova etapa na biblioteca do colexio. Nel podedes encontrar
recomendacións de libros feitas polos vosos mestres ou polos vosos
compañeiros e compañeiras , información sobre libros ou revistas que chegaron
recentemente á biblioteca, noticias sobre acontecementos relacionados
cos libros, resultados de concursos...
E tamén algo para profes e pais: estratexias de animación á lectura, recomendacións para axudar aos nenos a buscar información...
Esperamos con ansia a vosa participación , desexamos que vos guste e que vos anime a ler moito.
E tamén algo para profes e pais: estratexias de animación á lectura, recomendacións para axudar aos nenos a buscar información...
Esperamos con ansia a vosa participación , desexamos que vos guste e que vos anime a ler moito.
Nesta primeira entrada quero vos falar dunha nova revista en idioma galego que saiu á rúa a finais de agosto: OINK!, a revista do Xabarín Club.É unha revista mensual e podes encontrala no quiosco ou na libraría onde se compran os xornais e por suposto tamén na biblioteca tedes os dous nº que xa saíron á venda.
Nela hai reportaxes, artigos, entrevistas, novas... coa colaboración de grandes ilustradores como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran
Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell,
Victor Rivas e Pinto & Chinto
0 Comentarios