Este curso, con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 5º EP foi o encargado de dinamizar as Horas de Ler nos patios de Educación Infantil. Cada día da semana, por parellas, leron contos aos máis pequenos, gozando así xuntas/os da lectura.
Nos patios de primaria fixéronse as primeiras lecturas ao aire libre, dando a benvida á primavera da mellor maneira.
Un ano máis levamos a cabo a Feira do Libro, na que o alumnado puido escoller libros expurgados aos para darlles unha segunda oportunidade.
Na biblioteca, e durante os recreos, as nenas e nenos que así o desearon, achegáronse a crear marcapáxinas coas plantillas e materiais ofertados.
Este curso, seguindo a liña do noso PDI, Galicia Meiga, elexíronse e ofertáronse libros en lingua galega, co fin de fomentar a lectura en galego.
0 Comentarios