Varios grupos do cole participaron nas xornadas de formación que tiveron lugar na biblioteca dentro do programa Radio na Biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Os grupos de 5º tiveron a oportunidade de achegarse a este medio dunha forma participativa e motivadora con Pablo Portabales e Loreto Silvoso.
O alumnado de 4º de primaria participou na formación de radio como unha primeira toma de contacto coa Radio Escolar, co fin de que o próximo curso poida decidir, voluntariamente, a súa participación na creación de programas de radio durante 5º e 6º da man de José María Bará.
De seguro estarán desexando por en práctica todo o que aprenderon!
0 Comentarios