As bibliotecas máis fermosas do mundo

Semana do Libro

Deixamos aquí algunhas imaxes do que a foi a semana do libro no noso colexio. Un ano máis, a Feria do Libro Regalado foi todo un éxito. O alumnado tivo a ocasión de dar unha segunda vida aos libros expurgados da biblioteca, xa que cremos firmemente na economía circular no ámbito literario. Os libros son pequenos tesouros que perduran sempre e cando unha soa persoa atope entre as súas páxinas a oportunidade de aprender ou de adentrarse nunha nova aventura.

Outra das actividades favoritas entre as colaboradoras e colaboradores da biblioteca é a lectura para o alumnado máis cativo, polo que fixeron unha minuciosa tarefa de selección de contos e puxeron todo da súa parte para acaparar a atención das pequenas e pequenos de infantil, que sempre as/os acollen da mellor maneira.












Publicar un comentario

0 Comentarios