Diego Arboleda obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2014 pola súa novela Prohibido ler a Lewis Carroll. Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2013.

A primeira misión de Eugéne será evitar que Alice se decate de queAlice Liddell, a auténtica Alicia que inspirou a Lewis Carroll, agora con oitenta anos, vai visitar a cidade para recibir unha homenaxe.
Eugéne Chignon comprobará que as estrañas casualidades, os personaxes extravagantes e as situacións absurdas non son só patrimonio do País das Marabillas, senón que se encontran a miúdo no noso mundo e especialmente nesa casa.
A comedia disparatada e os datos históricos (reais e a pesar diso aínda máis disparatados) teñen cabida nesta novela, na que a trangallada, ese nonsense tan emblemático de Carroll, acaba tendo moito sentido.
Autorretrato de Raúl Sagospe, ilustrador do conto (dcha.) xunto a Diego Arboleda, autor (izda.)(debuxo do blog de Anaya Infantil y Juvenil)
A nota de prensa do Ministerio de Educación e Cultura do pasado día 14 de outubro di textualmente:
"O Xurado decidiu premiar a obra de Diego Arboleda por ser unha obra extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo. O texto, recreación dunha época, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos seus personaxes sólidos e moi ben construídos, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos,".
Se queredes saber mais sobre Diego Arboleda e os seu libros premede nesta frase :
Mais libros de Diego Arboleda

Se queredes leer algo dos seus libros facede clic en cada título e despois premede nesta icona e poderedes escoller o libro que vos interesa para ler un anaco.

Se queredes saber mais sobre Diego Arboleda e os seu libros premede nesta frase :
Mais libros de Diego Arboleda

Se queredes leer algo dos seus libros facede clic en cada título e despois premede nesta icona e poderedes escoller o libro que vos interesa para ler un anaco.

0 Comentarios