As bibliotecas máis fermosas do mundo

PDI EmocionArte. Obradoiros en familia

O Proxecto Documental Integrado deste curso leva por título EmocionArte, e gustaríanos 

que formásedes parte desta nova e apaixonante aventura creativa.

Queremos convidarvos a participar nos obradoiros de arte para familias que realizaremos na biblioteca do colexio.
Todas as expresións artísticas teñen cabida: música, pintura, ilustración, literatura, olería, danza, teatro, fotografía… ou calquera outra forma de creación que vos apaixoe.

As sesións desenvolveranse con alumnado acompañado dun familiar, en grupos reducidos e con inscrición previa por orde de solicitude.
No caso de haber máis peticións ca prazas dispoñibles, priorizaranse aquelas familias que aínda non participasen noutros obradoiros.

Se tedes ganas de compartir o que sabedes, o que sentides ou o que vos emociona a través da arte, animádevos a propoñer un obradoiro unha tarde no noso —e tamén voso— cole.
Non é necesario ser profesionais: o que realmente buscamos é a vosa ilusión, creatividade e vontade de compartir.

Co apoio da ANPA e do equipo docente, poñeremos todos os medios necesarios para que poidades levar a cabo as vosas propostas nas mellores condicións.

Podedes enviar a vosa idea cubrindo o seguinte formulario:
👉 Quero levar a cabo un obradoiro de arte para familias

Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración e entusiasmo.


Publicar un comentario

0 Comentarios