As bibliotecas máis fermosas do mundo

APOSTAMOS POLA IGUALDADE

Se queremos fomentar a igualdade de xénero, estamos preocupados porque os nosos fillos e fillas, alumnos e alumnas sexan tratadas con igualdade sen importar o sexo que teñan debemos comezar canto antes. Estes libros son unha boa selección para que os nenos lean ou para ler con eles, xa sexa na casa ou na aula, e despois comentar con eles e tratar o tema. Ou se simplemente queremos que gocen dun bo anaco sen estar preocupados porque o que estan lendo pode fomentar a desigualdade de xénero aquí tedes unha boa selección:
-A colección A FAVOR DE LAS NIÑAS de Adela Turín son un bo comezo para os pequenos:



ROSA CARAMELO
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. 
A partir de 6 anos 






UNHA FELIZ CATÁSTROFE
A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Ratón a que encontra a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.
A partir de 6 anos 




ARTUR   E  CLEMENTINA
Artur e Clementina son dúas fermosas tartarugas louras namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Artur pasa o día pescando, Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Artur tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia... pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo. 

A partir de 8 anos 




A  HISTORIA  DOS  BONOBOS  CON  LENTES 
Hai moitos anos, a tribo dos bonobos vivía nun frondoso bosque. Os bonobos pasaban o día moi ocupados mascando froitos e bagas, pebidas e sementes, raíces e botóns que as bonobas recollían para eles e para os bonobos pequechos.Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. .

A partir de 8 anos 



LA  CHAQUETA  REMENDADA
LA CHAQUETA REMENDADA

A bruxa do bosque regala unha chaqueta remendada a un pobre carpinteiro. Esta chaqueta é máxica e transforma o que a leva no mellor carpinteiro do mundo. Ao nacer a filla do carpinteiro, un pónsea e efectivamente é magnífica traballando a madeira. Pero a súa nai pensa que non encontrará marido. A bruxa dálle un colo para que o engada á chaqueta e poderá conseguir tamén todas as virtudes que se admiran nas mulleres: a paciencia, a alegría, a compaixón, a sensibilidade e a simpatía.
A partir de 7 anos 



LOS GIGANTES OREJUDOS 
Trátase dunha nova aventura de Asolina. Nesta ocasión terá que liberar tres princesas que ten prisioneiras o terrible Brujón na Montaña de Esmeralda. Pero para chegar ata alí, Asolina terá que superar moitos obstáculos. Afortunadamente é moi enxeñosa e valente.
A partir de 7 anos 


NUNCA   JAMÁS 
Milena ten moita sorte, é unha nena moi fermosa e todos lle aseguran que un día virá un príncipe e casará con ela. Para iso ha de prepararse ben: "ponte dereita, peitéate, lávate as mans, fala cando te pregunten... ", insistía sempre a súa nai. Pero Milena ten unha amiga, a bruxa Melusina que fora desterrada a unha torre grande do castelo, porque os seus coñecementos de astronomía, de medicina e de química poñían furiosos os doutores do reino, que non sabían nada de nada.
A partir de 8 anos 

Publicar un comentario

0 Comentarios