As bibliotecas máis fermosas do mundo

Os nosos patos con Legos!!

 As nenas e nenos de 5º de Educación Infantil quixemos poñernos a proba con este material manipulativo que temos na biblioteca, traballando, entre outras cousas,  a lóxica-matemática en forma de retos!!

As primeiras veces xogamos cunha única premisa: Cada un ten que facer un pato usando todas as pezas que ten na súa bolsa. Partindo de que todos/as teñen as mesmas pezas, é moi curioso que non hai patos iguais!!



Unha vez que xa coñecemos o material e o que podemos facer con el, probamos con retos máis complicados. Dámoslle a cada nena/o unha foto cun pato distinto e teñen que recrealo exactamente igual, polo que se complica o razoamento lóxico. Quen é capaz de conseguilo pode cambiar a súa foto pola do resto de compañeiros. Pasámolo moi ben xogando e aprendendo cos Legos!!





Publicar un comentario

0 Comentarios