As bibliotecas máis fermosas do mundo

Día do Libro Infantil 2021

Dende 1967, cada 2 de abril (data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen), conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promover a lectura entre as/os máis pequenas e pequenos.

Durante moitos anos, dende a biblioteca do cole, as mochilas viaxeiras visitaron as vosas casas cunha selección de lecturas variadas xunto cos cadernos nos que compartiades debuxos, opinións ou recomendacións dos libros que máis vos gustaban. 

Hoxe, coincidindo con esta conmemoración tan especial, compartimos unha selección das suxestións recollidas durante estes anos, pero recordade que na biblioteca tedes todos os cadernos con moitas máis recomendacións.

 














Publicar un comentario

0 Comentarios