O 25 de maio conmemórase o Día de África, celebración que se remonta ao ano 1963, cando se formou a OUA (Organización da Unidade Africana), que busca promover a unidade e a solidaridade dos estados africanos. Desde a Biblioteca da Rabadeira elaborouse unha presentación na que se explica a orixe deste día, ademáis de visualizarse desde o cole a gran riqueza cultural dun continente que aínda hoxe arrastra estereotipos e estigmas. Un graniño de area co que pretendemos, desde a escola, dar a coñecer a realidade, tan alonxada da imaxe que se proxecta do continente africano.
Durante toda a semana contamos con Yarama África para levar a cabo diferentes actividades co fin de sensibilizar ao alumnado e previr actitudes discriminatorias e racistas. Podedes ver máis sobre as actividades na seguinte ligazón:
Por último, deixamos aquí o fantástico traballo levado a cabo por Samba e Luana co alumnado de 5º e 6º de primaria, unha serie de Podcast que recomendamos que escoitedes ata o final, xa que xeraron importantes reflexións nas nenas e nenos e sen dúbida non deixará indiferentes aos adultos.
0 Comentarios