Como sabedes, estamos de aniversario, e ao longo deste curso estamos a festexalo. Os 50 anos da Rabadeira deixan moitas pegadas e non podiamos deixar pasar a oportunidade de recordalas.
O pasado luns, 10 de maio, tivemos unha cita moi especial chea de emocións e lembranzas rodeadas/os de moitas persoas que acudiron sen dubidalo ao noso chamamento. Da man da profesionalidade de José María Baró, mestras, alumnas e familias tiveron a oportunidade de participar nun programa de radio moi especial ao que tamén acudiron Ángel García Seoane, alcalde do Concello de Oleiros e María José Santos, Concelleira de Ensino, para facer un percorrido polo pasado e o presente do noso cole. Unha xornada chea de emocións con actuacións en directo do noso alumnado e familias.
Agradecemos que a biblioteca tivese un espazo no programa e as palabras da Concelleira, que resaltou o traballo levado a cabo no centro para que a nosa biblio sexa un espazo de aprendizaxe e convivencia para a comunidade educativa. Grazas tamén a Mª José Leal e Chus Naveira, as primeiras encargadas da biblioteca, por abrir o camiño, participar no coloquio e pola vosa presenza ese día na Rabadeira e ás exalumnas que recordaron con tanto agarimo o seu paso polo cole.
Se non puidéchedes asistir non vos perdades o programa completo en Radio Rabadeira!
Programa especial 50 aniversario
0 Comentarios