As bibliotecas máis fermosas do mundo

Scape Room 8M. As nosas autoras non serán esquecidas

A nosa biblioteca está en perigo! Desapareceron moitos dos libros das autoras galegas que serviron como referente ao longo destes 50 anos e precisamos da vosa axuda para recuperalos.

Para conseguilo, debedes superar 5 retos, cada un deles adicado a unha muller referente dun ámbito durante os últimos 50 anos. Prestade moita atención, o futuro das nosas pioneiras está nas vosas mans:

- Reto Vanesa Álvarez. Da man da grafiteira galega que percorreu parte do mundo coas suas obras debedes localizar os países nos que deixou a súa pegada. Ás máis pequenas e pequenos identificaredes as gamas cromáticas dos seus grafitis.

- Reto Vero Boquete. A galega que fixo historia no mundo do deporte protagoniza este reto. Coa lupa máxica tedes que resolver o enigma relacionado co deporte que practica.

- Reto Guadi Galego. A cantante da nosa terra creou todo un himno ao feminismo. Poderedes atopar as palabras ocultas da súa canción "Chea de vida" coa axuda da luz máxima?

 - Reto María Rodríguez. Cociñeira galega que cos seus pratos tradicionais conquista os padares máis exquisitos. Resolvede a sopa de letras cos seus principais ingredientes ou os crebacabezas co seu prato estrela e superaredes o reto!

 - Reto Xunqueira Ézara. Enxeñeira aeroespacial que co seu dron quere chegar a Marte. Podedes axudala por medio do robot que atoparedes no laboratorio creativo da biblio, para logralo tedes que sortear moitos obstáculos.

Se superades os 5 retos conseguiredes a clave secreta para devolver os libros das nosas pioneiras ao lugar que merecen! 








Publicar un comentario

0 Comentarios