As bibliotecas máis fermosas do mundo

23 de febreiro. Día de Rosalía.

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento dunha das nosas galegas ilustres, Rosalía De Castro. Como non podía ser doutra forma, este ano, a nosa particular homenaxe á escritora xira en torno ao mar. Animámosvos a que vos acheguedes á súa figura por medio desta presentación Con M de Mar.

Rosalía con M de Mar

Como sabedes, estes días abrimos un novo espazo na biblioteca do cole, o Laboratorio Creativo de Aprendizaxes, no que poderemos programar un escornabot por medio da poesía de Rosalía.


Na entrada da biblioteca xa tedes unha selección de libros sobre a autora, xunto aos que podedes gozar do mural que está a elaborar o alumnado colaborador de sexto de primaria.







Publicar un comentario

0 Comentarios