Este ano, desde a biblioteca, no marco do PDI 50 anos na Rabadeira, e partindo do deseño dun xornal que representa diferentes realidades da muller ao longo destes 50 anos, levouse a cabo unha rutina de pensamento, coa que, a través da estrutura "vexo - penso - pregúntome", xurdiron interesantes reflexións e diálogos nos grupos.
Unha proposta de actividades para desenvolver co alumnado posteriormente e unha extensa mostra de bibliografía relacionada, viñeron a complementar todas as actividades de aula, sen esquecernos da selección musical do Equipo TICS que nos acompañou nas últimas semanas pola megafonía do cole.
Estade moi atentxs, xa que compartiremos suxestións para que, por medio da lectura, e durante todo o ano, continuemos camiñando para que a violencia de xénero, algún día, forme parte do pasado.
POR UN MUNDO LIBRE DE VIOLENCIA CONTRA AS NENAS E AS MULLERES,
NO CEIP DA RABADEIRA NON GARDAMOS SILENCIO
0 Comentarios