As bibliotecas máis fermosas do mundo

Obradoiros de Educación Sexual Integral

Un ano máis tivemos a sorte de contar cos obradoiros de Educación Sexual Integral que a ANPA pon a disposición de todos os grupos de primaria da man da Dra. Carol Strate (@alumbramujer).

Xunto con ela, comprobamos que a semente dos cursos anteriores xermolou no noso alumnado, poñendo aínda máis en evidencia a importancia destas iniciativas no ámbito escolar.

En función da idade dos grupos abordáronse aspectos máis biolóxicos (coñecemento e coidado do corpo, cambios que acompañan o inicio da adolescencia, etc.) e outros máis ligados ás emocións, o respecto e a prevención, sempre cun enfoque natural e integrador.

Compartimos unha carta de Carol para toda a comunidade educativa cunha valiosa recompilación de recursos para que xunt@s sigamos creando espazos seguros para acompañar ás nenas e nenos no desenvolvemento dunha sexualidade sa e respectuosa:

Carta da Dra. Carol Strate













Publicar un comentario

0 Comentarios