As bibliotecas máis fermosas do mundo

25 N. Autoras galegas precursoras na loita contra a violencia de xénero.

Este curso, no que estamos inmersas/os no PDI Galicia Meiga, recordamos ás autoras galegas precursoras na loita contra a violencia de xénero. O seu papel foi fundamental na defensa polos dereitos das mulleres, atrevéndose a alzar as súas voces para reivindicar a liberdade das mulleres nunha sociedade marcada por importantes diferencias de xénero. 

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres recordamos a estas mulleres e reflexionamos sobre os seus escritos cargados de denuncia, porque ELAS FIXERON HISTORIA.

ROSALÍA DE CASTRO:

Nacida en Santiago de Compostela en 1837, foi unha muller adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Amante do teatro, a música e o debuxo, escribiu os seus primeiros versos con 12 anos. A través das súas obras, defendeu o emprego do galego, falou da pobreza no mundo rural e foi pioneira do pensamento feminista.

Entre outras obras, na súa novela “La hija del mar” denuncia as consecuencias da condición machista, xustificando con ironía a súa condición de muller: “permítase a la mujer disculparse de lo que para muchos será un pecado inmenso e indigno de perdón”.  Ser muller e escribir en galego supuxeron grandes obstáculos no seu tempo, sendo recoñecida universalmente como unha das mellores poetisas españolas tras o seu falecemento.

CONCEPCIÓN ARENAL:

Nacida en Ferrol en 1820, Concepción Arenal foi periodista, poetisa, autora dramática e experta en dereito.

Nun século no que resulta difícil atopar rexistros dun movemento feminista, destaca a figura de Concepción Arenal entre as loitadoras polos dereitos das mulleres. As súas reivindicacións resultan insuficientes na época actual, xa que, aínda que defendeu o acceso das mulleres a todos os niveis educativos co fin de que puidesen desempañar unha profesión en idénticas condicións que os homes, non as consideraba capacitadas para exercer a autoridade. En palabras do xesuíta J. Alcorcón, o seu foi “un feminismo genuinamente español e íntegramente católico.”

O seu enfrentamento ás normas establecidas sobreviviu na vida doutras mulleres, considerándose activista pioneira dos movementos pola igualdade de xénero.

EMILIA PARDO BAZÁN:

Novelista, periodista, crítica literaria, dramaturga, editora, catedrática e conferenciante nacida en A Coruña en 1921.

Fortemente comprometida, sempre falou en termos de igualdade, postulándose como feminista activa e combativa e sufrindo ataques e críticas sociais e culturais na súa loita pola independencia da muller. Rexeitou a idea de escribir tras un seudónimo para ver as súas obras publicadas aínda que lle ocasionase o menosprecio de sectores máis conservadores. A súa seña de identidade foi o lema en latín “De bellum luce” (a luz na batalla). Dirixiu a colección “Biblioteca de la Mujer”, desde a que defendeu o dereito á educación das mulleres e denunciou “mullericidios”, “feminicidios” e “xinecidios”

Ela nos recorda que debemos continuar a súa loita.

A continuación, varias ligazóns a recursos relacionados con estas mulleres galegas que fixeron historia na loita contra a violencia de xénero:

Artigo de Xosé Lois García publicado polo Diario Nós:

Rosalía de Castro é o feminismo

O grupo Son Trío, composto  por Su Garrido, Susanna Blanco e Katerina Linke, pon músicaá ás verbas de Rosalía de Castro.

”Non cantes, non chores

O poema “Negra Sombra”, interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez:

Negra Sombra

Artigo publicado polo xornal GCiencia sobre Concepción Arenal:

Unha galega universal: Concepción Arenal

Información sobre a figura de Emilia Pardo Bazán publicada no 2021 polo Consello de Cultura Galega con motivo do centenario da súa morte:

Especial centenario Emilia Pardo Bazán

QUEREMOS UN MUNDO LIBRE DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Publicar un comentario

0 Comentarios