Xa temos a edición número 33 da revista Sementeira, que chega nun curso moi especial para a nosa biblioteca, xa que foi cando, con moita ilusión, abrimos as súas portas.
Un ano máis agradecemos ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole a publicación, que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca xunto coas edicións anteriores. Grazas tamén ao alumnado e ao profesorado por encher as páxinas da revista con imaxes e textos das actividades levadas a cabo na biblioteca neste curso no que, xuntas e xuntos, levamos a cabo o noso primeiro proxecto: "Pensando o futuro".
Clica na imaxe para acceder á publicación da revista en formato dixital no blog do EDLG.
0 Comentarios