As bibliotecas máis fermosas do mundo

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

 O 24 de febreiro recóllese no calendario do Libro e da Lectura como o Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.

Facémonos eco das propostas que neste eido xurden para achegar ás nenas e nenos a figura da autora.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), dende 2010 propón que se agasalle con libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. Podes ver o seu manifesto, redactado por Anna R. Figueirido, premendo no seu cartaz deste ano. #osTeusDocesCantares


Dende as bibliotecas do Concello de Oleiros invítannos a un contacontos audiovisual da man de Soledad Felloza, "Un bico, un cantar", que será o mércores, 24 de febreiro ás 18:30 horas. Máis información no cartaz. #bibliotecasegura #culturasegura


Suxestións de Radioleiros: Rosalía Pequeniña, libro CD de Uxía Senlle, con arranxos de Sergio Tannus e ilustracions de Marina Seoane.


Por medio do blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole podedes acceder aos recursos elaborados por un grupo de mestras e mestres pertencentes a diferentes EDLG en torno á figura de Rosalía. Premede a continuación para velos.



Nas seguintes ligazóns podedes gozar de obras musicais en torno á figura e poemario de Rosalía De Castro.







Publicar un comentario

0 Comentarios