As bibliotecas máis fermosas do mundo

Libros para o verán

Este venres chega o curso ao seu fin, pero tamén comezan as vacacións. Aquí tendes algúns libros fantásticos para ler durante o verán.


PRELECTORES/AS




  • Título: El correo del dragón
  • Autor: Emma Yarlett
  • Editorial: Edelvives
  • Recensión: Álex atopouse un dragón no seu soto! Agora o problema está en saber como coidalo… Recibirá 5 cartas moi divertidas provenientes dos bombeiros, o carniceiro, un bufete de avogados, a Sociedade para a Protección Animal e do seu mellor amiga Carol. Grazas a todos eles comprenderá que debe deixalo vivir en liberdade.





  • Título: Así es mi corazón
  • Autor: Jo Witek e Christine Roussey
  • Editorial: Bruño
  • Recensión: Un precioso álbum homenaxe ás emocións e os sentimentos dos nenos, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: ledicia, tristeza, calma, enfado, medo...


«O meu corazón é como unha casiña. Dentro pasan moitas cousas... e están todas revoltas! Hai risas ruidosas e días con choiva, enfados grandes e ganas de brincar a pé manco. Hoxe vou abrir a porta do meu corazón para convidarche a pasar».





  • Título: A árbore da escola
  • Autor: Antonio Sandoval
  • Editorial: Kalandraka
  • Recensión: No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco.


A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes neste libro que narra a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.



  • Título: La ventana mágica
  • Autora: Ana Isabel García Capapey
  • Editorial: Autora-editora
  • Recensión : O grupo dos Osos está preocupado: sabe que o próximo curso cambiarán de mestra xa que empezarían primeiro de primaria. Xulián, o carpinteiro do colexio, ofreceralles asomarse a unha xanela máxica, desde onde poderán vivir que pasaría se se cumprise un dos seus desexos. Todos desexaron quedar na súa clase de infantil. Así puideron ver que xa non lles interesaba repetir as actividades que xa coñecían, nin as mesmas cancións, e que os xogos se lles quedarían pequenos. Decidiron entón que lles apetecía moito máis coñecer o descoñecido e enfrontarse a ese medo, sabendo que ían gozar de grandes momentos.





  • Título: Los lobos que vinieron a cenar
  • Autor: Steve Smallman
  • Editorial: Beascoa
  • Recensión: Unha ovelliña, catro lobos famentos e uns VALENTES animais do bosque dispostos a evitar a catástrofe. Pero ás veces as cousas non son o que parecen...


A nosa ovelliña e o lobo convertéronse nos mellores amigos. Pero será complicado facer comprender ao mundo esta insólita amizade... Entenderá algún día o mundo que un lobo e unha ovella poden ser... amigos?


Un conto extraordinario que cuestiona as nosas limitacións e rompe os estereotipos.


  • Título: ¡Vivan las uñas de colores!
  • Autores: Luís Amavisca e Alicia Acosta
  • Editorial: Nubeocho
  • Recensión : A Xoán gustáballe pintarse as uñas e cando riron del no colexio, o seu pai decidiu apoiarlle e pintarllas el tamén. Esta é unha historia inspirada en feitos reais.







LIBROS INFORMATIVOS


 

Títulos: Vamos al océano. Vamos al espacio.

Autor: Timohty Knapman.

Editorial: Planeta de libros.

Recensión: Acompaña a Marta, Mateo e ao seu can, Pelusín, nestas xeniais viaxes ó fondo mar para descubrir as maravillosas criaturas que se agochan no fondo ou ó espazo para contemplar as constelacións, a Lúa ou os planetas.




Título: Mi libro-móvil del espacio.

Autor: 

Editorial: Bruño

Recensión: Este libro levaravos nunha fabulosa viaxe polo espazo a través de divertidos contos troquelados que se poden converter en xeniais móviles para colgar nas vosas casas.



Título:Cazadores de estrellas.

Autor: Raman Prinja.

Editorial: SM

Recensión: Se queredes aprender que é unha aurora polar, como localizar as constelacións ou cal é o mellor momento para observar os planteas préparate porque, con esta completa guía chea de fermosas fotografías e informacion moi completa sentiraste como un verdadeiro cazador de estrelas.




Título: Los dinosaurios.

Autor: Pascale Hédelin.

Editorial: Océano Travesía.

Recensión: este libro conseguirá que nenos e nenas coñezan as diferentes especies de dinosaurios, descubrir como vivían e que comían, e moitas outras cousas abraiantes destes enormes animais dunha forma moi divertida.




Título: El libro del naturalista.

Autor: Bernd Heinriche e Nathaniel T. Wheelwright.

Editorial: SM.

Recensión: libro imprescindible para calqueira que ame a natureza. Os autores deste libro conseguirán que te convertas en todo un observador da vida que che rodea, tanto no campo como na cidade. Aprenderás a percibir os cambios na natureza: a chegada das golondrinas, a caída das follas... poderás facer o teu propio caderno de campo e un diario no que ir anotando todos estes cambios. 

Título: Mi primera guía de campo de insectos y otros invertebrados.

Autor: Víctor J. Hernández.

Editorial: SM.

Recensión: esta guía permitirache descubrir a flora e a fauna ibérica. Nela inclúense 40 especies de insectos e outros invertebrados que podes atopar na túa contorna.



Título: Genética. La ciencia explicada a los más pequeños.

Autor: Carlos Pazos.

Editorial: Beascoa.

Recensión: Acompaña a Valentina nesta fascinante exploración polo ADN e convértete nun xenio da xenética.


Título: ¿Cómo he llegado hasta aquí?

Autor: Philips Bunting.

Editorial: RBA.

Recensión: Este libro desternillante vaite levar por un percorrido dende o Big Bang hasta o teu nacemento, viaxarás no tempo para ir desde o espazo exterior ata a porta da túa casa nunha apaixoante travesía que comeza cun gran BOOOOOM.


Publicar un comentario

0 Comentarios