Este conto foi escrito por Miguel Loureiro de 6º B. Enhoraboa !
O MISTERIO DO CAN
DESAPARECIDO
Un día de verán de moita calor, un neno
chamado Miguel presenciou unha terrible desgraza: ao seu can, Rex, tiveron que
durmilo para sempre, xa que non podía andar nin sosterse en pé.
Miguel non sabía como eran os cachorros xa que
cando naceu, Rex xa era un can adulto. Pero o quería moito. Tras a morte do seu
can, Miguel púxose moi triste.
A súa familia andaba a buscar un novo can
desde facía uns días, pois sabían o que lle ia ocorrir a Rex; e casualmente, o
mesmo día no que Rex durmiría para sempre, apareceu Roco.
Roco tiña un irmán, pero Miguel o elexiu a el,
xa que nada más verse, ámbolos dous comezaron a xogar, mentres o outro cachorro
preferiu botarse a durmir.
Chegaron a casa, e trataron de que Rex non o
vira.
Parecía que tiña fame, e Miguel deulle de
comer un anaco de pizza que sobrara do xantar. Roco comeu amodo, xa que non
estaba acostumado a tomar cousas tan grandes. Miguel non o sabía, pero os
cachorros teñen que tomar unha comida especial para eles. A continuación,
Miguel saíu ao xardín, e Roco tras el. Nese momento, ámbolos dous cans víronse,
e sacando forzas de se sabe onde, Rex ergueuse con tantas ganas que pegou un
salto enorme e comenzou a ladrar. Roco asustouse, e escondéronno nun pequeno
cobertizo sito ao fondo do xardín.
Nese momento, chegou o veterinario, púxolle a
inxección, e Roco quedou durmido para sempre. Nese momento, Miguel chorou.
Pero pasados uns minutos, acordouse de que
Roco estaba no cobertizo. Correu cara a el, e....... atopouno dunha secadora!
Roco viu a Miguel, e pegou un salto para
achegarse a el. Miguel acariciouno.
Logo Miguel, xunto co seu irmán Manuel, xogaron todo o día con Roco. Xogaron ao pilla
pilla e Roco sempre ía coller a Miguel porque levaba unha camiseta coa cara de
Garfil, un gato que aparece nunha serie de debuxos animados.
A partir dese día, cando saía Miguel ao
xardín, sempre se atopaba a Roco sentado na entrada, esperando a Miguel para
xogar con el. Pero un día, Roco non estaba alí. Miguel estrañouse. Nunca pensou
que Roco non o esperaría para xogar.
Miguel empezou a cabilar:
- "Ao mellor Roco está ladrando aos cans
do veciño"
Pero non estaba.
- "Ao mellor entrou na casa sen que me
decatara"
Pero Miguel non o atopou dentro da casa, e
empezou a preocuparse.
Preguntoulle á súa nai se vira a Roco, pero
ela dixo que non; e a mesma resposta déronlle Manuel e o seu pai.
Miguel, moi preocupado, buscouno pola súa rúa,
pero non o atopou. Chorando, Miguel empezou a facer moitos carteis que dicían:
"Atopaste a este can? Se o atopaste, por favor, chama ao número que tes a
continuación".
Pasaron uns días, e ninguén chamaba. Entón
Miguel, moi triste, preguntoulle á súa nai se alguén o secuestrara. E a súa nai díxolle:
- Eu creo que non, xa que Roco o mordería e
ladraría, cousa que nos alertaría.
- Pero... e se o secuestraran pola noite,
mentres durmiamos?- dixo Miguel.
Á súa nai non dixo nada, xa que o seu neno
podía ter razón.
Ao día seguinte, Miguel, que lera moitos
libros de Sherlock Holmes, empezou a investigar o caso. Rápidamente atopou no
xardin unha pegada moi grande, que non era de ningún pé dos membros da familia,
polo que deduciu que Roco fora secuestrado.
Acercouse á policía para comprobar as denuncias
por desaparicións de mascotas na zona de Nós, e o que atopou foi unha lista moi
longa de denuncias. A continuación, Miguel pediulle ao policía que, nun mapa,
marcara as casas que puxeron ditas denuncias, e o que atopou foi que soamente
dúas casas da zona, non puxeran ningunha, polo que Miguel deduciu que o
presunto secuestrador vivía nunha delas.
Miguel mandou ao policía que fora a
inspeccionar esas dúas casas, pero o policía lle contestou:
-Pero... ti estas tolo ou que? Ti cres que nós
podemos entrar na casa da xente así como así?
-Pois sí- dixo Miguel.- Ademáis, eu descubrín
un dato moi interesante.
-Cal?- preguntou o policía.
- A posible casa do secuestrador- contestoulle
Miguel.
O policía quedouse boquiaberto ao escoitar a
dedución do neno.
O policía pensou que combencería aos seus
compañeiros para que non inspeccionaran unha das casas, a que era do seu amigo,
e mandou inspeccíonar unha das casas. Os policía obedeceron e foron rexistrar a
casa, pero non encontraron nada.
- Ves como a túa dedución non era certa?- dixo
o policía.
- Pero nos falta por inspeccionar a outra
casa- contestou Miguel.
- Ti non te enteras. A outra casa non a imos
inspeccionar porque eu coñezo ao seu propietario e el non faría iso- dixo o
policía.
- Xa sei que ti coñeces ao dono, xa que es
ti!- exclamou Miguel.
- Mentira! Eu non vivo nesta casa- dixo o
policía.
- E por qué non podemos inspeccionar esta
casa, ainda que sexa do teu amigo, para asegurarnos?- preguntou o neno.
- E...- dixo o policía sen saber que
responder.
- O neno ten razón. Veña equipo, a
inspeccionar- dixo un dos policías.
Ao entrar na casa, encontraron fotos do xefe
de policía e no xardín encontraron... todos os cans roubados! A continuación, o
xefe policía saíu correndo, pero o seu equipo non tardou en atrapalo, xa que
ese equipo estaba formado polos mellores policías de Galicia.
Mentres os policías arrestaban ao seu xefe,
Miguel encargouse de soltar a todos os cans encerrados.
Finalmente, os cans foron devoltos aos seus
donos e o xefe de policía foi levado ao cárcere, cunha condena de sete anos; e
Miguel seguiu xogando con un amigo moi preciado: Roco.
0 Comentarios