La vida secreta de Rebecca Paradise
Recomendado a partir de 10 anos
Onte publicouse a resolución do premio Barco de Vapor de literatura infantil, cunha dotación económica de 35.000 euros.Trátase do libro La Vida secreta de Rebecca Paradise de Pedro Mañas, ilustrado por Bea Tormoy.
A obra está protagonizada por Úrsula, unha nena de once anos que conta en primeira persoa o seu historial de fracaso social e escolar. A Úrsula
non lle gusta a súa vida e non lle gusta ser quen é, polo que o único
que se lle acontece para escapar de si mesma é inventar un montón de
mentiras que non fan máis que empeorar as cousas.
Úrsula
é unha nena cunha vida un pouco complicada. Cambiou varias
veces de colexio e a súa nai, que é unha fuxitiva da xustiza, roubou un
cadro do museo Metropolitano...
Non... Non é así.
Úrsula é unha nena de once anos que se fai chamar Rebecca e que odia os magos porque un fixo desaparecer a súa nai.
Ou é Rebecca, a famosa espía secreta, a que se fai chamar Úrsula para despistar? Ben, en calquera caso ten once anos, cinco lombrigas gardadas nunha caixa e un gato perdido no espazo. O o do gato tampouco é verdade? Pero... é que alguén é capaz de contar sempre sempre toda a verdade?

Aquí podedes ver o trailer do libro
Se queredes saber máis sobre o premio e o autor podedes ler o post na páxina deste blog PARA OS MAIS GRANDES
0 Comentarios