O día de hoxe está dedicado a ROSALÍA DE CASTRO, a nosa gran poetisa .Rosalía naceu en Santiago de Compostela un 24 de febreiro de 1837 e hoxe, por tanto, celebramos o aniversario do seu nacemento.
Rosalía é considerada, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da poesía española moderna.
Coma en moitos outros colexios hoxe fixeronse no noso centro diversas actividades sobre esta autora. Léronse poemas , investigouse sobre a súa vida , fixeronse actividades manuais... .
Se queredes saber máis sobre a súa vida e obra aquí tedes un video onde podedes escoitar un rap feito por alumnos do IES Francisco Daviña Rey ( Monforte) sobre a vida desta autora.
Para os máis pequenos tedes unha canción do libro UXÍA, ROSALÍA PEQUENIÑA .Se o desexades temos este libro na biblioteca para que poidades ler uns poemas de diversos autores e escoitalos musicados .
Este é o libro:
0 Comentarios