Ola de novo !Xa estamos de volta e case levamos 2 meses traballando. Todo este tempo dedicámolo á preparación de novas actividades para a biblioteca: elaboración de carnés novos, formación dos novos axudantes de biblioteca , decoración e ambientación ....
O día 24 de Outubro foi o día da biblioteca
Uns días antes comezaron a ocorrer cousas estrañas no colexio ....apareceu en todas as aulas unha carta da xirafa da biblioteca .....na entrada do colexio, unha nave espacial coa xirafa no seu interior e todo o mundo estaba moi intrigado. Como nos dixo Emma "AQUÍ PASA ALGO MOI RARO"... Esta é a carta:

O día 24 de Outubro foi sábado e decidimos celebrar o día da biblioteca o martes 27. Ese día algo sorprendente ocorreu....Había pegadas de dinosauros polas escaleiras ! Ao seguilas descubrimos que a biblioteca convertérase nun lugar prehistórico , unha cova con pinturas rupestres e lianas por todas partes e no seu interior estaba a nave da xirafa .....Aterrara na PREHISTORIA!
Mirade como está agora...
as escaleiras e a porta de entrada
e a biblioteca por dentro chea de lianas, coa nave .....
Pero iso non foi o único...tambien no edificio de infantil pasara o mesmo! Mirade...
0 Comentarios