As bibliotecas máis fermosas do mundo

RECORDANDO A MALALA

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no colexio. Este curso estivemos aprendendo sobre Malala, que foi premio Nobel da Paz no ano 2014. Fixemos actividades sobre a súa vida, soubemos como tratan ás nenas e ás mulleres noutros países e a importancia da educación para todos.Tamén traballamos en inglés sobre  a  súa vida.
Entre as actividades que fixemos foron murais, comics, lemos sobre a súa vida e o día 30 de xaneiro fixemos un acto todos xuntos no pavellón polideportivo,  e os rapace  e rapazas  de 6º nivel leron parte dun texto sobre  a  su a vida que podedes ler no libro QUERIDA  MALALA , que está na biblioteca.
Aquí tedes o mural realizado polos alumnos de 5º curso que todos puidestes ver na cortiza que se encontra ao lado das oficinas. 
 


Este  é o libro QUERIDA MALALA, que podedes pedir prestado na biblioteca. 






 

Este  é o mural que fixo o alumnado de  5º coa frase que dixo Malala no seu discurso na ONU: "Un neno, un mestre ,un libro e  un bolígrafo poden cambiar o mundo".



Publicar un comentario

0 Comentarios