As bibliotecas máis fermosas do mundo

BIOGRAFÍA DE MAFALDA

Estes  son algunhas  das cousas que iredes  descubrindo pouco a pouco sobre MAFALDA :


PRIMEIRA APARICION: 29 de setembro de 1964.


IDADE: 6 anos en 1964 (ao comezo da tira); 8 no ultimo libro. 



APELIDOQuino nunca o mencionou, aínda que nunha das tiras en que a súa mestra lle corrixe un debuxo, despois do nome de Mafalda asoma unha letra M (ou quizais sexa unha N).

FAMILIA: Pai, nai e un irmán menor, Guille. Con eles forma unha típica familia de clase media, que vive nun barrio da cidade de Bos Aires (Arxentina). Suponse que na rúa Chile 371, en San Telmo. Debe ter polo menos unha avoa, porque despois dunhas vacacións lles enviou unha postal. Algunhas veces aparece a súa Tía Paca. Ten unha mascota, a Tartaruga "Burocracia" (chamada así pola lentitude que ten para todo).

Está sempre preocupada pola humanidade, a paz, e os dereitos humanos. Espera ter unha carreira universitaria, e ser alguén na vida. Critica duramente a súa nai e o seu pai, porque moitas veces son algo pasivos.

As cousas que mais lle gustan:
Entre as súas paixóns figuran Los Beatles, a paz, os dereitos humanos e a democracia. Gústanlle os debuxos de "O Paxaro Tolo". A súa sobremesa preferida son os panqueques. Adoita xogar no parque, aos vaqueiros, cos seus amigos.
As cousas que menos lle gustan:
Os seus odios máis nítidos abranguen a inxustiza, a guerra, as armas nucleares, o racismo, as absurdas convencións dos adultos e, claro, a sopa (ben, dicir que a "odia" quizais é pouco).

Publicar un comentario

0 Comentarios