As bibliotecas máis fermosas do mundo

DIA DO LIBRO 2014


O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial, co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.


O día 23 de abril foi elixido como Día Internacional do Libro, pois coincide co falecemento de Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro dende o ano 1996.


En 2001 por iniciativa da UNESCO nomeouse a Madrid Capital Mundial do Libro. Dende entón cada 23 de abril, diferentes cidades do mundo foron acollendo esta honra, realizando durante o ano actividades culturais relacionadas cos libros.


A Capital Mundial do Libro para 2014 é Port Harcourt (Nixeria)

No colexio imos celebrar durante varios días  esta data  facendo diversas  actividades . Iremos  poñendo  no blog o que imos facendo.



Publicar un comentario

0 Comentarios