As bibliotecas máis fermosas do mundo

JULIO CORTAZAR PARA NENOS

Hoxe conmemórase o 30 aniversario da morte dun dos grandes escritores da literatura : JULIO CORTAZAR. Neste video podedes escoitar ao autor lendo o  libro que escribíu para nenos titulado "DISCURSO DEL OSO".
 

Para saber un pouquiño da sua vida aqui tedes :
O 12 de febreiro de 1984 morreu en París o escritor arxentino Julio Cortázar, un dos grandes da literatura latinoamericana 


Este gigantón, fillo dun arxentino de ascendencia vasca (diplomático de profesión) e dunha compatriota súa con sangue francés e alemán, naceu na embaixada arxentina en Bruxelas o 26 de agosto de 1914, só días antes da invasión de Bélxica polas tropas alemás na Primeira Guerra Mundial.

Á idade de catro anos marchou cos seus pais a Bos Aires, onde viviu ata 1951. Ese ano volveu a Europa para establecerse na capital francesa, onde traballou como tradutor para a UNESCO e escribiu boa parte da súa obra literaria máis coñecida. Aseguraba que na súa xuventude soñaba con París e que na súa vellez botaba de menos Bos Aires.



Era admirador de Charlie Parker

Amaba o cine e o jazz (tiña debilidade polo saxofonista Charlie Parker, en cuxa figura se inspirou para redactar o conto El perseguidor), así como o boxeo malia proclamarse un convencido pacifista. Escribiu libros como Rayuela (novela considerada por moitos como a súa obra mestra), BestiarioLa vuelta al día en 80 mundos, Los autonautas de la cosmopista e Historias de cronopios e de famas.
Cortázar morreu a causa dunha leucemia antes de cumprir os 70 anos. Está enterrado no cemiterio parisiense de Montparnasse en Francia.

Se os maiores queredes saber algo mais podedes ler unha reseña do libro na páxina do blog PARA OS MAIS GRANDES.


Publicar un comentario

0 Comentarios