Sabíades que en España a tradición de poñer árbores de Nadal nas casas data de hai 143 anos ?
Pois para saber máis fixemos un xogo de busca de información sobre a historia da árbore de Nadal, ademáis da lectura do conto de Andersen , decorar o colexio con árbores de nadal variadas, e unha pequena exposición de libros sobre temática do Nadal para que todo o que o desexara puidese ler.
Aquí podedes ver unhas fotos sobre o que fixemos.
Estas son as portas das aulas de 5º e 6º decoradas con árbores de Nadal
a árbore de 2º ciclo ( coas mans dos alumnos de 4º B, 4º D, 3º e as dos mestres que lles dan clase)
árbores do 1º ciclo
e os de 6º fixeron postais maravillosas con árbores do Nadal
0 Comentarios