As bibliotecas máis fermosas do mundo

BENVIDOS

Ola a todos. Hoxe, 24 de outubro ,  é o DÍA  DA  BIBLIOTECA . Para celebralo inauguramos este blog dedicado a nosa  biblioteca . Con el estamos a comezar unha nova etapa na biblioteca do colexio. Nel podedes encontrar recomendacións de libros feitas polos vosos mestres ou polos vosos compañeiros e compañeiras , información sobre libros ou revistas que chegaron recentemente á biblioteca, noticias sobre acontecementos relacionados cos libros, resultados de concursos...
E tamén algo para profes e pais: estratexias de animación á lectura, recomendacións para axudar aos nenos a buscar información...

Esperamos con ansia a vosa participación , desexamos que vos guste e que vos anime a ler moito.
 
Nesta primeira entrada quero vos falar dunha nova revista  en idioma galego que saiu  á rúa a finais de  agosto: OINK!, a revista do Xabarín Club.É unha revista mensual e podes encontrala  no quiosco ou na libraría onde se compran os xornais e por suposto tamén na biblioteca tedes os dous nº que  xa  saíron  á venda.
 


Nela hai reportaxes, artigos, entrevistas, novas... coa colaboración de  grandes ilustradores  como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto

Publicar un comentario

0 Comentarios