Como cada 23 de abril conmemórase o Día Internacional do libro. Para que saibades da súa orixe e significado, dende o Equipo de Biblioteca fixemos unha pequena explicación que agardamos que vos resulte de interese.
Dende hai varios anos, no colexio, cada 23 de abril celebramos a Feira do Libro Regalado, na que podiades intercambiar libros coas vosas compañeiras e compañeiros. Este curso, por mor da pandemia, non se poderá celebrar, pero temos preparados varios lotes de libros expurgados da biblioteca que seleccionamos para que poidades levar a casa e así, darlles unha nova oportunidade. Atoparedes a caixa do voso grupo no patio para poder elexir o libro que máis vos guste.
0 Comentarios