As bibliotecas máis fermosas do mundo

Como vían o futuro os nosos maiores?

Recibimos con emoción cada un dos vídeos e textos que nos achegades. Podedes seguir enviando as vosas aportacións ao longo das vacacións. Á volta, faremos unha montaxe para poder compartilas con todas e todos.

Unha das visitas que cada ano agardamos impacientes no cole é a do Obradoiro de Memoria que organiza o departamento de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros. Este curso non pode ser, pero cando lles propuxemos que participasen na actividade "Como vían o futuro os nosos maiores" non o dubidaron. Grazas ás protagonistas e a todas as persoas que fixeron posible que todos estes recordos e experiencias formen parte do noso proxecto.

 

Marivita cóntanos, dende o Taller de Memoria de Oleiros, que cando era pequena as nenas non tiñan moitas oportunidades de estudar. Ademais, comparte os seus sabios consellos para acadar un futuro con menos contaminación.


Conchi, dende Santa Cruz, logrou o seu soño da infancia e desexa que nun futuro todas as persoas teñan dereito á educación

 



 

Chani cóntanos, dende Santa Cruz, que de nena soñaba con ser ministra. Para ela, o coidado do Planeta é crucial para ter un futuro mellor.


 

Herminia quería ser costureira, algo que conseguiu cando se mudou á cidade, tamén quería ser artista, e arte seguro que non lle falta, aínda que di que a artista non chegou. Pensa que o coidado do medio ambiente é fundamental para o futuro e dende Perillo anímanos a contribuír..


 

Paco, dende Mera, sentía moita curiosidade polos avións e polo mar. Cre na solidaridade como peza clave para acabar un futuro mellor.



Elsa, de Perillo, cando era nena, pensaba que o futuro sería moi bonito, era feliz. Está convencida de que é necesario un cambio para que o futuro sexa mellor.


 


Aquí temos a Lola, do Taller de Memoria de Perillo. Investigadora dende moi pequena e con vocación de médica, aínda que non o conseguiu. Soña cun futuro sen mentiras.


 

Maica, de Santa Cruz, sempre quixo coidar aos demais. Desexa para o futuro máis axudas para os maiores e para a infancia.



Beatriz, de Oleiros, cando era nena quería ter unha tenda na cidade. Desexa moita saúde e traballo para o futuro.



Chelo non tivo a posibilidade de ir á escola, pero nunca é tarde, por iso agora non deixa de estudar e aprender. Dende Santa Cruz recoméndanos que aproveitemos as oportunidades que temos.




Sara, de Oleiros, quería ser mestra, aínda que cambiou de profesión. Desexa estar como antes da pandemia nun futuro próximo.




Fide, do taller de Memoria de Perillo, ve o futuro moi distinto a como o vía na infancia. Pensa que hai moitas melloras, aínda que cre que debemos reflexionar sobre algúunhas cousas.

 




Publicar un comentario

0 Comentarios