Por segundo ano, no marco do Plan de Vida Activa e Saudable, o centro organiza a Carreira San Silvestre, unha proba atlética coa que todo o alumnado do centro despide o ano. Como non podía ser doutra forma, as/os participantes terán na meta unha froita para repoñer forzas e escoitar as 12 badaladas de fin de ano.
Tedes todos os detalles da actividade na nosa canle "Radio Escolar Rabadeira" da man de varias/os alumnas/os que participaron o curso pasado na primeira edición da San Silvestre do cole.
Agardamos a vosa participación!
II San Silvestre. Radio Escolar Rabadeira.
0 Comentarios