EXPERIMENTOS NA AULA CREATIVA
Grazas a inquedanza do noso alumnado e á colaboración do Espazo Creativo da nosa Biblioteca foi posible ter experiencias deste tipo. A vivenciación é fundamental para comprender o noso entorno.
O alumnado de 6º descubriu pola experiencia se a auga doce ou salgada é condutiva.
Alumnado de 3º e 6º experimentando con mesturas
Alumnado de Educación Infantil utilizando a nova zona creativa.
ROBÓTICA
Tamén traballamos coa robótica para aprender linguaxe computacional.
Dispoñemos de diferentes robots, os Escornabot son os últimos que mercamos este curso.
e aprenderon a manexalos ao tempo que aprendían poesía.
Xogando coa literatura
O próximo curso haberá algunha novidade no Espazo Creativo. Despedimos este curso con estas grandes experiencias que nos farán mellorar e crecer no ámbito STEAM.
0 Comentarios