As bibliotecas máis fermosas do mundo

Día das Letras Galegas 2021. Xela Arias

Seguimos pensando o futuro, esta vez pensando en galego!

Este ano, con motivo do Día das Letras Galegas, que terá lugar o 17 de maio, damos visibilidade á autora homenaxeada, Xela Arias, e ao seu legado literario en prol da nosa lingua. Convidámosvos a achegarvos ao recuncho da biblioteca no que poñemos a vosa disposición algúns dos seus libros e recursos cos que podedes afondar na vida e obra da autora lucense.

Non vos perdades a selección de libros en galego expostos na entrada da biblioteca, de seguro descubriredes un montón de lecturas que non vos podedes perder.

Se queredes saber máis sobre Xela Arias  pasádevos polo blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, no que atoparedes moitísimos recursos.
Estado atentas e atentos ao blog, xa que pronto teredes novidades relacionadas coa autora.

Publicar un comentario

0 Comentarios