O 1 de setembro publicouse no DOG a resolución definitiva do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en centros públicos, a nosa biblioteca foille aprobada novamente a súa solicitude para seguir formando parte da rede de centros públicos que apostan con forza por dispoñer dunha biblioteca renovada e actual.
Por tanto, este curso tan especial e diferente, o equipo de biblioteca
seguirá traballando neste proxecto de dispoñer dun espazo acolledor e
funcional, non só para ler, senón para que o alumnado goce das
diferentes actividades que se ofertan na biblioteca.
0 Comentarios