As bibliotecas máis fermosas do mundo

HOMENAXE A MANUEL MARÍA

En homenaxe a M. María, ao seu amor pola auga e pola natureza...

Lagoa de Cospeito

Lagoa de Cospeito: chegou o inimigo
e non descansou ata acabar contigo.
-Maldita sexa.
Lagoa de Cospeito: agora só lembranza,
quixeron converterte en campo de labranza.
-Maldito sexa.
Lagoa de Cospeito: aquel que te secou
que teña o mesmo fin que a ti che dou!
-Maldita sexa.
Lagoa de Cospeito: no nome do proveito
levaron a túa auga, secaron o teu leito.
-Maldito sexa.
Manuel María


Lagoa de Mera

           Escollín este poema de Manuel María, do libro “Poemas para diclavar". Tamén collía cágados co trueiro. Meu pai contábame que, de pequeño, pescaba troitas e anguías, pero eu non podo. Xa non as hai, está contaminado.
Creo que Manuel María quería dicir que, ás veces, un regato pode ser máis importante na nosa memoria que un gran río.
( Rosalía Chas Beade.6ºC)


         "Poemas para dicirlle a dúas lagoas” (1994), porque fala sobre o desecamento da lagoa no franquismo para obter terreos de cultivo; algo que creo que non era o debido, xa que por mor diso perdérase toda a auga doce co seu rico e variado ecosistema. Afortunadamente, nos anos oitenta, recuperouse a lagoa e pouco a pouco volveu toda a súa fermosura e todos os seus animais.
           Paréceme que teño moita sorte de ter así de bonita a miña lagoa, A lagoa de Mera, e espero que non sufra nunca por un proxecto de desecamento semellante, nin por ningunha outra causa que a poda danar.
( Mar Barreiro López.6ºB)



Regato do Cepelo

Nunca tiveche unha arela
de tan humilde e sinxelo:
¡Meu regato do Cepelo,
das Regas ou da Barciela!

Maila ó teu nome sonoro,
eres regato e non río:
¡o teu caudal tan esguío
nunca encherá un encoro!

Mais dices con xentileza,
leve vea rumorosa,
unha canción misteriosa
dunha asombrosa beleza.

Se eu te chamo: ¡señoría!,
Breve cantor xogoral:
¡ti non mo tomes a mal
que é proba de coartesía!

Manuel María


Regato do Faro

           Este poema de Manuel María recórdame ao meu regato, porque hai tantos regatos na nosa terra que cada un de nós podería ter un de seu.
Este regato, o meu regato, cambia de nome coma o de Manuel María. Na casa dos meus avós chámase regato do Faro, porque nace na fonte do Faro, que está na nosa horta.
No verán regamos a horta coa súa auga. Máis abaixo cambia o nome e chámanlle regato de san Pedro. De pequeña sempre quería tirar pedras e salpicarme con elas no lavadoiro, que xa ninguén usa para lavar. Tamén collía cágados co trueiro. Meu pai contábame que, de pequeño, pescaba troitas e anguías, pero eu non podo. Xa non as hai, está contaminado.
Creo que Manuel María quería dicir que, ás veces, un regato pode ser máis importante na nosa memoria que un gran río.
(Rosalía Chas Beade.6ºC)



Publicar un comentario

0 Comentarios