Xa estamos de novo en abril e como todos os anos temos programadas diversas actividades ao longo deste mes para conmemorar o día do libro . Este curso ademais con máis razón porque é o cuarto centenario centenario da morte dos dous grandes autores das literatura inglesa e española : SHAKESPEARE e CERVANTES ( 1616).
Na hora de lectura estase a ler en varias clases a obra "El Quijote " adaptado a nenos e nenas e hoxe fomos ao PAZO da OPERA da Coruña para ver o ballet "DON QUIXOTE " coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego xúntos .Poidemos ver á Orquestra Sinfónica de Galicia interpretar numerosos temas clásicos coñecidos á vez que o Centro Coreográfico Galego bailou ao ritmo da música en directo, coa elegancia e a beleza propia do ballet. Ademáis contamos co aliciente de que entre os bailaríns temos a dous alumnos do centro :Pedro e Irene que o fixeron estupendamente e deixronos a todos maravillados .
Foi unha forma de acercar a os nenos e nenas á maravillosa obra de Cervantes asi coma a un espectáculo de música e danza.
0 Comentarios