As bibliotecas máis fermosas do mundo

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

Ola  de novo !Xa  estamos de volta e case  levamos  2 meses  traballando. Todo este tempo dedicámolo  á  preparación de novas  actividades  para a biblioteca: elaboración de carnés novos, formación dos novos  axudantes de biblioteca , decoración e ambientación ....
O  día 24 de Outubro  foi  o día da biblioteca




Uns días  antes comezaron a ocorrer cousas  estrañas no colexio ....apareceu en todas as  aulas unha carta da xirafa  da biblioteca .....na entrada  do colexio, unha nave espacial  coa xirafa no seu interior e todo o mundo estaba moi intrigado. Como nos dixo Emma "AQUÍ PASA  ALGO MOI RARO"... Esta é  a  carta:


O  día 24 de Outubro foi  sábado e decidimos  celebrar  o  día da biblioteca o martes 27. Ese día  algo sorprendente  ocorreu....Había  pegadas  de dinosauros    polas  escaleiras ! Ao seguilas   descubrimos que  a biblioteca    convertérase nun lugar prehistórico , unha cova con pinturas  rupestres e lianas por todas partes e no seu interior estaba a nave  da xirafa .....Aterrara   na PREHISTORIA!

Mirade  como  está  agora...


 as  escaleiras e  a porta de  entrada

























e  a biblioteca  por  dentro chea de lianas, coa  nave  .....




























Pero  iso non  foi o único...tambien no  edificio de infantil  pasara o mesmo!   Mirade...





Publicar un comentario

0 Comentarios