As bibliotecas máis fermosas do mundo

Novidades da biblioteca: Proxecto "Pensando o futuro". Información para o profesorado

                                    

Mi primer libro del Cosmos 

Texto: Sheddad Kaid-Salah Ferrón 

Ilustración: Eduard Altarriba 

Editorial Juventud 

Un percorrido pola vida do Cosmos, desde o  Big Bang ata a fin do universo. Preséntanse conceptos extremadamente complexos da astrofísica cunha linguaxe sinxela e clara.  

Tipos de estrelas, ondas gravitacionais, materia oscura, exoplanetas… cuestións aparentemente complexas pero que neste libro se resolven con asombrosa claridade. Ilustracións magníficas, estéticamente moi agradables de ver e que acompañan en todo momento a exposición das ideas do libro. 

Moi recomendable a partir do segundo ciclo e para nenas e nenos moi curiosos de todas as idades. 

                                             



¡Esto es ciencia! 

Cécile Jugla e Jack Guichard 

Editorial Juventud 

Un libro para descubrir diferentes fenómenos científicos. Está dividido en 6 apartados: o  aire, a auga, a Terra, o ceo, construir, a electricidade e as imaxes. Cada pregunta se responde nunha dobre páxina cun texto conciso e ilustracións para  realizar experimentos e comprobar as respostas ás preguntas propostas. 

Moi adecuado para infantil e primeiro ciclo. 

                                                  

Cuando mamá llevaba trenzas. Concha Pasamar. Bookolia. Álbum ilistrado, recomendado para Educación Infantil e os primeiros niveis de Primaria, cunhas ilustracións moi coidadas realizadas pola autora Concha Pasamar. Unha tarde aburrida de domingo, unha nena ponse a remexer nos caixóns da súa casa e atopa unha caixa chea de recordos que lle van descubrir como era a infancia da súa nai. Unha infancia feliz, nun pobo, con poucos xoguetes e moita imaxinación. Este álbum ten moito que ver coa experiencia da cápsula do tempo que realizamos no primeiro trimestre. Suscita un diálogo interxeracional: entre nais e fillas, entre netas e avoas. A historia remata como empeza, abrindo unha nova caixa. Algún día volverán a atopala e descubrirán un montón de lembranzas dunha infancia diferente á súa, e iso volverá a unir e conectar a dúas persoas de idades diferentes.

Amaryllys. Germán Machado/Anna Aparicio Catalá. Editorial Thule. Este precioso e colorido álbum nos pasea polo recorrido vital do Amaryllis Belladona, unha planta de África, desde que é un pequeno bulbo ata o seu gran desexo: florecer. Propón  preguntas interesantes:  podemos voltar atrás ou  a vida é un camiño en sentido único? Pódense facer unha lectura  textual ou de imaxes. Un álbum para ler e pensar. Aprender o ciclo da vida e facer como Amaryllis, nacer, crecer e florecer.
El profesor Astro Cat y los cohetes espaciales. Ben Newman. Editorial Bárbara Fiore. 2018. Álbum ilustrado sobre as misións espaciais. Contén pouca información pero ben contada. Resulta accesible ás/aos primeiras/os lectores/as. Estupendas ilustracións, sinxelas, pero que apoian as explicacións de temas  complexos como a forza da gravidade ou como despega un foguete espacial. Divídese en varios capítulos con información a dobre páxina: - COmo viaxamos ao espazo. - Foguetes. - Breve historia das viaxes espaciais, misión Apolo 11. - Transbordadores espaciais. - Misión Orión a Marte. Resulta un libro ideal para traballar co alumnado na clase, con temas científicos moi accesibles que espertan a curiosidade.
De mayor quiero ser... Profesiones del futruo. Jesús Moracho/Rafael Cordero. Premium Editorial. Álbum ilustrado que explica, de forma moi sinxela e divertida, 19 profesións que, segundo o seu autor, que se basou en estudios e previsións de consultoras de empleo, poderán realizarse no futruo. Textos e imaxes que, en clave de humor, achégannos a profesións tan diversas como enxeñeiro de reciclaxe, programadora de intelixencia artificial, guía turístico espacial... Libro ideal para deixar voar a nosa imaxinación e reflexionar xunto cos pequenos e pequenas sobre como "as profesións do futuro non son máis que a evolución tecnolóxica e dixital das profesións de hoxe", tal e como sinala o autor.

Publicar un comentario

0 Comentarios